O venres 25 de maio, a alumna de 2º de ESO B, ÁNGELA GESTIDO LORENZO, foi galardoada cun merecidísimo 2º premio no Concurso Novos Talentos - Relato Curto de Coca Cola, que este ano celebrou a súa 4ª edición.
A cerimonia de entrega de premios celebrouse en Santiago, no Auditorio de Galicia, ante un nutrido grupo de asistentes, entre os que se encontraban importantes personalidades políticas e literarias que animaron o alumnado a continuar con "esa marabillosa afección que é a escritura".A nosa orgullosa gañadora recibiu, ademais das felicitacións da organización, numerosos premios que, sen dúbida, lle servirán de estímulo para impulsar a súa vocación literaria.
Noraboa, campioa!
Unha frase extraída do relato de ÁNGELA |
Entrega do diploma acreditativo do 2º premio |
Outro día estresante; para a semana nove exames e para a que vén dous máis. Pero que é isto! Hai que facer unha folga! Non, si, non, si, non...
Os meus pensamentos contradícense e confúndenme, como en moitos casos de nenos da miña idade. Si, sei o que pensades, teño trece anos, a idade do galo, galiña, polo e todo iso que din os pais para bromear sobre nós. O único que teño claro na vida é que non teño nada claro. O único que non teño claro na vida é todo.
Teño dúas opcións na vida: vivir ben agora e mal despois, ou viceversa. Se agora son popular e me poño coa maioría dos meus compañeiros a facer parvadas, desas que todos sabemos, de maior non serei un home de proveito; pero pola contra, se agora estudo, e iso supón que me discriminen socialmente, o día de mañá si serei un home de proveito.Pensamentos, razóns, teorías, xente, ideas... rodean a miña cabeza. Na miña familia dinme unha cousa e na escola outra. ¿ E se penso en persoas ? Podería seguir os seus exemplos. Non, si, non, si, non... ¡Outra vez! Estou confundido; veña... alguén... alguén que poida servir de exemplo. Alguén que poida ser... o meu ídolo! Si, iso. Por primeira vez decídome nunha cousa, asento nun dos ocos da miña cabeza e non ando revoloteando polos pensamentos; pero iso non significa que non necesite a ninguén...Hmm... acendo a tele? Si. Imos mellorando, pero esa non é a resposta que preciso, nin a pregunta que necesito responder. Hmmm... acendo a tel? AGORA MESMO. Unha canle, dúas canles, tres, catro, cinco... STOP! Isto interésame; triatlón, pode ser que aquí atope a alguén; esta xente sempre se está superando e ten pinta de decidida. Javier Gómez Noya? Dá un discurso? Agora? En televisión?
Ángela posando con outras finalistas |
-Si, sempre me estou superando. O saber que podo conseguir máis, dáme forza. Ao principio non era fácil, pero non hai que pensar no presente, hai que pensar no futuro. Iso non me convence... ¿ou si? Si, non, si, non... NON! Xa está ben! Quero vivir a vida, quero... quero... quero facer parvadas. A xente equivócase, si, pero eu non. Porque teño que facer o que me din? Son independente. Xa está ben de tanta "indesividade". Agora digo non. Non para sempre.
Premios desta 4ª edición |
No hay comentarios:
Publicar un comentario