De Wikipedia, a enciclopedia libre

_-_Europe_Day_2009.jpg)
A importancia desta proposta realizada en 1950, cinco anos logo da rendición do réxime nazi e ante unha Europa devastada pola II Guerra Mundial, radica ademais en que ao someter as dúas producións indispensables da industria do armamento a unha única autoridade, os países que participasen nesta organización, atoparían unha gran dificultade no caso de querer iniciar unha guerra entre eles.
A conmemoración desta data ten lugar desde 1985, tras a súa aprobación polos Xefes de Estado e de goberno reunidos no Consello Europeo. A pesar de ser o único día de celebración oficial na Unión Europea, considérase un día laborable e as celebracións organizadas polos estados membros non adoitan equipararse ás que se realizan con motivo das festas nacionais de cada estado.
Historia
Robert Schuman pronunciou a declaración que deu orixe á primeira Comunidade Europea.
Ás 6 da tarde do 9 de maio de 1950 convocouse á prensa en París, no Salón do Reloxo do Ministerio de Asuntos Exteriores francés do Quai d'Orsay, para realizar unha "comunicación da maior importancia", que fora redactada por Jean Monnet e pronunciou Robert Schuman, ministro de Asuntos Esteriores.
Moitos centros educativos festexan o 9 de maio para facer chegar aos alumnos a importancia dese día nas súas vidas. Os nenos e novos son os futuros cidadáns da Unión Europea, por iso cada vez máis docentes participan con actividades e iniciativas que fomenten o europeísmo.
Destacan as celebracións promovidas polo Proxecto Célula Europa que buscan a difusión deste día no sector do ensino.
Feliz Día de Europa
ResponderEliminar