NORABOA!!!!

A comunidade educativa do colexio Inmaculada de Marín séntese moi satisfeita tras conseguir o segundo premio do concurso de Animación á Lectura, certame de nivel nacional organizado pola Fundación Santa María no que participaron preto de cento cincuenta centros de toda España. Cinco mil euros é o montante do premio recibido que o colexio reinvestirá no proxecto educativo.
O proxecto presentado "A cada paso un libro" consistiu en impregnar todas as dependencias do colexio do mundo dos contos con debuxos, música e ambientacións de todo tipo en cada unha das obras literarias máis ou menos tradicionais e de recoñecidos autores de contos.
O alumnado do colexio foi visitando todos os recantos seguindo os pasos marcados no chan para dirixilos cara ás distintas representacións estáticas, tomando notas para unha posterior posta en común dos contidos observados.
Se queres ver as fotos do proxecto e o traballo cos nenos, preme neste enlace:
Tamén podes ver novamente o vídeo premendo no seguinte enlace:
A CADA PASO UN LIBRO. VÍDEO
Vou facer miñas as palabras dunha gran mestra do noso cole para iniciar esta breve reseña da Festa da Poesía e, co seu permiso, vou utilizalas e adaptalas :
O mes de Maio é un mes de festa no colexio.
Maio
é o mes das flores…,
da
Virxe María…,
das nais…,
das
Letras Galegas…,
e da
poesía…
A
poesía ten o poder de TRANSFORMAR OS SONS EN SENTIMENTOS.
Sentimentos
de cariño…, de admiración…, de agradecemento…
Por
iso, todos fixemos o posible por escribir as nosas poesías…
Poemas
referidos á natureza…, porque a admiramos.
Á
nosa familia…, porque a queremos.
Ao noso
pobo…, ao noso cole… aos nosos amores.
Esta
mañá, todos imos saber quen son os gañadores.
Aínda
que gañamos todos os que amamos a poesía,
os que queremos facer bo uso da
palabra,
os que loitamos porque a nosa lingua, o galego,
perviva moitos anos e
conviva en harmonía con estoutra lingua, a de Cervantes.
Todos
somos gañadores, se sabemos recoñecer, con humildade,
o merecido triunfo dos
nosos compañeiros e, sobre todo,
se
sabemos respectar o que aquí hoxe celebramos,
a Festa da Poesía, a Festa das
Letras Galegas, a Festa da Palabra.
Estas son algunas das imaxes da Festa da Poesía 2012. En breve publicaremos a relación de gañadores. NORABOA A TODOS E TODAS!!!!
PRIMARIA