domingo, 3 de junio de 2012

OS CADETES DO BARÇA DE BALONCESTO VISITAN O NOSO COLE

O venres 1 de xuño foi un día que os alumnos do nos o cole non esquecerán. Se emotiva foi a visita de Fina Casalderrey tamén o foi a dos xogadores do equipo cadete do Barça que o sábado se enfrontaron ao Marín Peixe Fresco (que, por certo, resultaron subcampións... Noraboa, Peixe!!!!)

VISITA DE FINA CASALDERREY

Xa sabedes que o pasado vendes 1 de xuño estivo Fina Casalderrey visitando aos nenos de 2º e 3º de Primaria. A autora compartiu cos alumnos o seu enorme saber, a súa dozura e, sobre todo, a súa paixón pola literatura e pola lectura.
Fina faloulles aos alumnos da súa vida, de como empezou a ler e a escribir e como foi desenvolvendo o seu amor polos libros e pola beleza das palabras.

Graciñas, Fina, pola túa visita e as túas palabras.

Aquí vos deixo as imaxes para ver como transcorreu a charla.