Ángela Gestido, na súa aula de 2º ESO (foto de Chiara López) |
Unha foto do triatleta galego Javier Gómez Noya subido á
súa bicicleta foi o punto de partida para os alumnos e alumnas de 2º de ESO que participaron
no IV Concurso Novos Talentos - Premio de Relato Curto en galego, organizado
por Coca Cola.
Os estudantes, procedentes de diferentes institutos e
colexios galegos, tiveron que escribir unha redacción inspirándose nesa foto.
Entre os participantes, o nerviosismo era a tónica xeral antes de comezar a
proba.
Non foi menos para as nosas alumnas. E das catro que participaron, Ángela Gestido, de 2º ESO B, quedou finalista no sector Pontevedra-Ourense. Este venres, 25 de Maio, acudirá a recoller o seu premio na Santiago de Compostela nunha gala que terá lugar no Auditorio de Galicia.
Desexámosche moita sorte, Ángela!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario