domingo, 5 de junio de 2011

FÁBULAS 1º ESO

Co gallo do Día das Letras Galegas e da Semana do Libro organizada no noso cole, os alumn@s de 1º ESO representaron para os alumnos de Infantil unha serie de fábulas inventadas por eles mesmos e ensaiadas durante a hora de lectura da materia de Lingua e Literatura Galega. A experiencia resultou moi positiva tanto para os maiores, pola gran motivación que supuxo representar as súas creacións fóra da clase, como para os cativos do cole, que asistiron entusiasmados ao salón de actos. Outro ano repetiremos a experiencia.

jueves, 2 de junio de 2011

A CADA PASO UN LIBRO

Proxecto de animación á lectura A cada paso un libro levado a cabo no noso colexio con motivo da Semana do Libro 2011. Vede o vídeo e non necesitaredes máis explicacións:

A CADA PASO UN LIBRO