jueves, 21 de febrero de 2019

24 FEBREIRO - DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

#LIBREOMEUPENSAMENTO.

o espolio                     dunha perenne miseria,
as violacións                a roupa de cote puñéronma en tiras,
a inxustiza social          sin abrigo tembra,
os desafiuzamentos      embargaránnos todo,
o abuso laboral            que se amargo pan vos ganan / dádesllo envolto en veneno
os éxodos                    en errantes hordas.

Os versos de Rosalía de Castro e as inxustizas sociais


Rosalía de Castro foi una das principais escritoras galegas do século XIX. A súa obra inclúese dentro do período do Romanticismo. Escribiu tanto en galego como en castelán e a temática da súa obra é de dor e desengano, de morriña e patria. Rosalía considérase unha pioneira do feminismo na literatura.

Neste traballo analízanse dous poemas relacionados con sentimentos negativos como a vergonza, a deshonra; e con problemáticas sociais tan actuais coma o maltrato ou o machismo.

Rosalía identifícase nos seus poemas con mulleres deshonradas, maltratadas, con seres perseguidos e sinalados pola xente. Estes poemas son un medio para liberarse do sentimento do ser obxecto de burla, dándolle expresión poética. Os poemas permítenlle exteriorizar ese sentimento de raíz inconsciente.

O primeiro dos poemas, Ladraban contra min, inclúese na súa obra Follas Novas.
Ladraban contra min, que camiñaba                    
cásique sin alento,                      
sin poder co meu fondo pensamento                      
i a pezoña mortal que en min levaba.                     
I a xente que topaba,                  
ollándome a mantenta,              
do meu dor sin igual i a miña afrenta,                    
traidora se mofaba.                    
I eso que nada máis que a adivinaba.                     
«Si a souperan, ¡Dios mío!,                    
-penséi tembrando-, contra min volvera                 
a corrente do río».                    
Buscando o abrigo dos máis altos muros,               
nos camiños desertos,                
ensangrentando os pes nos seixos duros,                
fun chegando ó lugar dos meus cariños,                 
maxinando espantada: «Os meus meniños             
¿estarán xa despertos?               
¡Ai, que ó verme chegar tan maltratada,                
chorosa, sin alento e ensangrentada,                      
darán en se afrixir, malpocadiños,              
por suá nai malfadada!».                       
Pouco a pouco fun indo,                   
i as escaleiras con temor subindo,               
co triste corazón sobresaltado.                    
¡Escoitéi...! Nin as moscas rebullían.                       
No berce inda os meus ánxeles dormían,               
ca Virxen ao seu lado.
           
No primeiro verso, a frase “ladraban contra min”, a escritora indica que lle berraban e se burlaban dela. Nótase a angustia dunha persoa que case sen alento camiña oíndo os cans ladrar contra ela.
Expresa tamén un sentimento de vergonza, probablemente relacionado co feito de que a propia Rosalía era filla de nai solteira e un sacerdote.
Nos seguintes versos, Rosalía expresa a angustia dunha muller polos seus fillos, porque non quere que a vexan maltratada.
Os últimos versos son de tranquilidade porque os nenos dormen pacíficamente na súa cama.

O segundo poema, A xustiza pola man, tamén pertence á obra Follas Novas, e conta a vinganza dunha muller que pide xustiza, e como non lla conceden decide matar aos que a ofenderon.

Aqués que tén fama de honrados na vila,              
roubáronme tanta brancura que eu tiña;    
botáronme estrume nas galas dun día,                    
a roupa de cote puñéronma en tiras.                      
Nin pedra deixaron en donde eu vivira;                  
sin lar, sin abrigo, moréi nas curtiñas;                    
ó raso cas lebres dormín nas campías;                   
meus fillos..., ¡meus anxos...!, que tanto eu quería,                       
¡morreron, morreron ca fame que tiñan!               
Quedéi deshonrada, mucháronme a vida,              
fixéronme un leito de toxos e silvas;           
i en tanto, os raposos de sangre maldita,               
tranquilos nun leito de rosas dormían.                    
-¡Salvádeme, ou, xueces! -berréi... ¡Tolería!                      
De min se mofaron, vendéume a xusticia. -            
Bon Dios, axudáime -berréi, berréi inda...              
Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra.            
Estonces, cal loba doente ou ferida,            
dun salto con rabia pilléi a fouciña,             
rondéi paseniño... ¡Ne as herbas sentían!               
I a lúa escondíase, i a fera dormía              
cos seus compañeiros en cama mullida.                 
Miréinos con calma, i as mans estendidas,             
dun golpe, ¡dun soio!, deixéinos sin vida.                
I ó lado, contenta, sentéime das vítimas,                
tranquila, esperando pola alba do día.                    
I estonces..., estonces cumpréuse a xusticia:                      
eu, neles; i as leises, na man que os ferira.                        

Nos versos “roubáronme tanta brancura que eu tiña” ou “a roupa de cote puñéronma en tiras”, Rosalía pode estar facendo referencia a un atentado ao seu honor,  como unha violación.

Tamén se refiere á pobreza, porque fala de como os seus fillos están morrendo de fame. 

Nos seguintes versos relata que por moito que grite que a salven ante o xuíz, non lle van facer caso.

Por último, a escritora demostra que se pode facer xustiza por moito que coste, aínda que sexa fóra da lei.

Queda claro o odio, o resentimento e o desexo de vinganza da muller perseguida.

FÁTIMA JUNCAL, 4º ESO
 #LIBREOMEUPENSAMENTO. 

jueves, 11 de mayo de 2017

FOMENTO DA LECTURA EN LINGUA GALEGA EN EDUCACIÓN INFANTIL

Como parte da programación para o fomento da lectura en L. Galega tivemos a sorte de contar coa visita dos papás de Educación Infantil. 
Que ben o fixeron! Grazas a todos/as os que participastes






sábado, 25 de marzo de 2017

VISITA ETNOGRÁFICA

Enmarcada dentro do intercambio Colexio La Inmaculada- Collège Professeur Nicaise (Francia) os alumnos de 3º ESO realizaron diversas visitas a lugares emblemáticos da nosa xeografía e a nosa cultura