O venres 25 de maio, a alumna de 2º de ESO B, ÁNGELA GESTIDO LORENZO, foi galardoada cun merecidísimo 2º premio no Concurso Novos Talentos - Relato Curto de Coca Cola, que este ano celebrou a súa 4ª edición.
A cerimonia de entrega de premios celebrouse en Santiago, no Auditorio de Galicia, ante un nutrido grupo de asistentes, entre os que se encontraban importantes personalidades políticas e literarias que animaron o alumnado a continuar con "esa marabillosa afección que é a escritura".A nosa orgullosa gañadora recibiu, ademais das felicitacións da organización, numerosos premios que, sen dúbida, lle servirán de estímulo para impulsar a súa vocación literaria.
Noraboa, campioa!
Unha frase extraída do relato de ÁNGELA |
Entrega do diploma acreditativo do 2º premio |
Outro día estresante; para a semana nove exames e para a que vén dous máis. Pero que é isto! Hai que facer unha folga! Non, si, non, si, non...
Os meus pensamentos contradícense e confúndenme, como en moitos casos de nenos da miña idade. Si, sei o que pensades, teño trece anos, a idade do galo, galiña, polo e todo iso que din os pais para bromear sobre nós. O único que teño claro na vida é que non teño nada claro. O único que non teño claro na vida é todo.Ángela posando con outras finalistas |
Premios desta 4ª edición |