Vou facer miñas as palabras dunha gran mestra do noso cole para iniciar esta breve reseña da Festa da Poesía e, co seu permiso, vou utilizalas e adaptalas :
O mes de Maio é un mes de festa no colexio.
Maio
é o mes das flores…,
da
Virxe María…,
das nais…,
das
Letras Galegas…,
e da
poesía…
A
poesía ten o poder de TRANSFORMAR OS SONS EN SENTIMENTOS.
Sentimentos
de cariño…, de admiración…, de agradecemento…
Por
iso, todos fixemos o posible por escribir as nosas poesías…
Poemas
referidos á natureza…, porque a admiramos.
Á
nosa familia…, porque a queremos.
Ao noso
pobo…, ao noso cole… aos nosos amores.
Esta
mañá, todos imos saber quen son os gañadores.
Aínda
que gañamos todos os que amamos a poesía,
os que queremos facer bo uso da
palabra,
os que loitamos porque a nosa lingua, o galego,
perviva moitos anos e
conviva en harmonía con estoutra lingua, a de Cervantes.
Todos
somos gañadores, se sabemos recoñecer, con humildade,
o merecido triunfo dos
nosos compañeiros e, sobre todo,
se
sabemos respectar o que aquí hoxe celebramos,
a Festa da Poesía, a Festa das
Letras Galegas, a Festa da Palabra.
Estas son algunas das imaxes da Festa da Poesía 2012. En breve publicaremos a relación de gañadores. NORABOA A TODOS E TODAS!!!!
PRIMARIA