O 17 de Maío do 2011, Día das Letras Galegas, está dedicado a Lois Pereiro (Monforte de Lemos, 1958-A Coruña, 1996)
Autor de culto, representante da eclosión creativa dos 80 e da contracultura. Del dixo Manuel Rivas: "é un mito contemporáneo. A súa obra é vangardista, universal e tamén dramática, pero con moito alento. Lois Pereiro invoca aos bos espíritos, as marabillas, a rebeldía e a xenerosidade”.
LOIS PEREIRO, HOMENAXEADO POLA R.A.G. NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011Tristemente convivo coa túa ausencia
sobrevivo á distancia que nos nega
mentres bordeo a fronteira entre dous mundos
sen decidir cal deles pode darme
a calma que me esixo para amarte
sen sufrir pola túa indiferencia
a miña retirada preventiva
Se queres pasar un rato entretido coñecendo a Lois Pereiro, preme no seguinte enlace: lois-pereiro-libro-lim-letras-galegas
E aquí tendes unha páxina chea de materiais didácticos, recursos interactivos, bibliografía, etc para Infantil, Primaria e ESO:
coordinadoraendl.org/letras2011
No hay comentarios:
Publicar un comentario