jueves, 28 de abril de 2011

DÍA DO LIBRO

O 23 de Abril celébrase o día do libro. Esta festa ten a súa orixe na celebración da Diada de Sant Jordi en Cataluña, sendo documentada polo menos desde 1925 a tradición de as parellas se intercambiaren un libro e unha rosa.

Ao mesmo tempo, en 1926 comezaron os esforzos para a creación dun Día do Libro que conmemoraría a figura de Miguel de Cervantes. Orixinariamente, a data escollida era o día do seu nacemento, o 7 de outubro, mais en 1930 mudou ao día da súa morte, o 23 de abril.

Non foi até 1995 cando a UNESCO decidiu outorgar carácter oficial e mundial á conmemoración do Día do Libro. Na elección da data tívose en conta o feito dunha triple coincidencia: o 23 de abril de 1616 teríanse producido as mortes de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o Inca Garcilaso. En realidade, as mortes non ocorreron o mesmo día, xa que Cervantes morreu o día 22, sendo enterrado o 23, e Shakespeare morreu o día 3 de maio segundo o calendario gregoriano, que corresponde ao 23 de abril no calendario xuliano.

Aproveitando que seguimos na semana de conmemoración desta data, ofrézovos unha bonita reflexión sobre o personaxe creado por Cervantes, Don Quixote:

No hay comentarios:

Publicar un comentario