Carlos Beis Penedo, finalista provincial do III Concurso “Coca-Cola Novos Talentos - Premio Relato Curto” e da 51 Edición do Concurso “Coca-Cola Jóvenes Talentos - Premio Relato Corto”.
De cada sector provincial (son seis: A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense e Pontevedra) elíxense os seis mellores relatos. Estes seis primeiros clasificados recibiron cadanseu obsequio na gala de entrega de premios que se celebrou o pasado venres 27 de maio ás 19h00 no Museo do Pobo Galego (Santiago) e na que Carlos obtivo un meritorio 5º posto, tendo en conta que neste concurso participaron máis de 5000 escolares dun total de 79 centros escolares, dos que finalmente se clasificaron 291.
Así mesmo, Carlos Beis Penedo, é gañador por partida dobre, xa que tamén quedou finalista provincial da 51 Edición do Concurso “Coca-Cola Jóvenes Talentos - Premio Relato Corto”.
Os 6 primeros clasificados por cada sector provincial (dun total de sete: A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Vigo e Pontevedra) recibirán cada un deles un regalo, na gala de entrega de premios que terá lugar en Ferrol o vindeiro venres 3 de xuño..
Na FASE PROVINCIAL, cada Sector Provincial elixiu os seis mellores relatos de entre todos os presentados en cada Sector Provincial, outorgándolles unha clasificación do 1º ao 6º. Os mellores de cada sector accederán á Fase Estatal, na que participarán os clasificados en 1º lugar de cada Sector Provincial, e serán agrupados por Comunidades Autónomas. Os 17 finalistas autonómicos terán como premio unha viaxe.
A entrega de premios do concurso nacional na que participará Carlos terá lugar venres 3 de xuño ás 19h00 en Ferrol.
Sorte, Carlos!!!!!
Se queres ler o seu relato, fai clic no seguinte enlace:
Carlos Beis_relatocurtococacola2011_modalidadegalego
Se queres ler o seu relato, fai clic no seguinte enlace:
Carlos Beis_relatocurtococacola2011_modalidadegalego
No hay comentarios:
Publicar un comentario