O luns 28 recibimos a visita no noso centro do escritor e
editor vigués FRANCISCO CASTRO. É autor,
entre outros libros, de “Chamádeme Simbad”, “Un bosque cheo de faias”, “O ceo
dos afogados”, (estes tres libros gañaron o Premio Frei Martín Sa
rmiento en tres edición diferentes), “As palabras da néboa”, “Spam”, etc. Francisco Castro naceu en Vigo, hai uns aniños. É profesor de Filosofía, escritor e blogueiro, e colabora asiduamente con diversos medios de comunicación galegos, en temas sempre relacionados coa cultura.
Compartiu co alumnado de 1º e 2º de ESO
unha interesante charla na que falou sobre as obras lidas neste trimestre: Chamádeme
Simbad e Un bosque cheo de faias.
Inda que con présas debido aos seus múltiples
compromisos, o autor foi quen de atraer
a atención dos nenos/as.
Contounos que o libro que leron os nenos/as 1º ESO, CHAMÁDEME
SIMBAD, foi o que máis éxito tivo. Escribiuno coa intención de
sensibilizar ao mundo coa enfermidade de Alzheimer que padece a súa
nai, e de explicar esta enfermidade á xente nova.
Grazas Francisco! Encantounos a túa visita. Queda
pendente para outro ano a sinatura de libros!!!
Blogue de Francisco Castro:
No hay comentarios:
Publicar un comentario