O Entroido chegou un ano máis ao noso cole… Nesta
ocasión tampouco defraudou…. Os alumnos do colexio fixeron que todos os
presentes viaxaran no tempo facendo un percorrido por diferentes etapas da
historia.
Os pequenos foron os protagonistas desta especial
xornada, pero tamén o foron as profes e os profes que estiveron días preparando
todo con moita ilusión e dedicando moito tempo para que hoxe, na festa do
Entroido, os seus alumnos, luciran como merecían. E o mesmo podemos dicir dos
pais e nais que axudaron a que todo estivese perfecto no día de hoxe. A todos,
moitísimas grazas por colaborar para que todos disfrutásemos desta festa de cor
e alegría!!!!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario