domingo, 29 de mayo de 2011

SAÍMOS NA TELE!!!!!

O pasado venres 27 de maio emitiuse nos informativos de Via televisión unha entrevistan a varios alumn@s do noso colexio: KIARA, ANDREA VERDE e SOFÍA SORBET, alumnas de 1º ESO B foron premiadas no concurso da ONCE, e CARLOS BEIS, alumno de 2º ESOA foi finalista no de Novos Talentos de Coca-Cola. Ademais, Carolina fala do proxecto de animación á lectura: "A cada paso un libro". 
NORABOA, CAMPIÓNS!!!!

sábado, 28 de mayo de 2011

CARLOS BEIS, ALUMNO DE 2º ESO A, DOBRE FINALISTA DO CONCURSO DE RELATO CURTO DE COCACOLA

Carlos Beis Penedo, finalista provincial do III Concurso “Coca-Cola Novos Talentos - Premio Relato Curto” e da 51 Edición do Concurso “Coca-Cola Jóvenes Talentos - Premio Relato Corto”.
O certame está convocado por BEGANO, COCA-COLA entre os escolares que cursan 2º de ESO.
De cada sector provincial (son seis: A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense e Pontevedra) elíxense os seis mellores relatos. Estes seis primeiros clasificados recibiron cadanseu obsequio na gala de entrega de premios que se celebrou o pasado venres 27 de maio ás 19h00 no Museo do Pobo Galego (Santiago) e na que Carlos obtivo un meritorio 5º posto, tendo en conta que neste concurso participaron máis de 5000 escolares dun total de 79 centros escolares,  dos que finalmente se clasificaron 291.
Así mesmo, Carlos Beis Penedo, é gañador por partida dobre, xa que tamén quedou finalista provincial da 51 Edición do Concurso “Coca-Cola Jóvenes Talentos - Premio Relato Corto”.
Os 6 primeros clasificados por cada sector provincial (dun total de sete: A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Vigo e Pontevedra) recibirán cada un deles un regalo, na gala de entrega de premios que terá lugar en Ferrol o vindeiro venres 3 de xuño..
Na FASE PROVINCIAL, cada Sector Provincial elixiu os seis mellores relatos de entre todos os presentados en cada Sector Provincial, outorgándolles unha clasificación do 1º ao 6º. Os mellores de cada sector accederán á Fase Estatal, na que participarán os clasificados en 1º lugar de cada Sector Provincial, e serán agrupados por Comunidades Autónomas. Os 17 finalistas autonómicos terán como premio unha viaxe.
A entrega de premios do concurso nacional na que participará Carlos terá lugar venres 3 de xuño ás 19h00 en Ferrol.
Sorte, Carlos!!!!!

Se queres ler o seu relato, fai clic no seguinte enlace:

  Carlos Beis_relatocurtococacola2011_modalidadegalego

martes, 17 de mayo de 2011

CONCURSOS RELATO ATENEO SANTA CECILIA E POESÍA CONCELLO

Xa tedes á vosa disposición, no apartado de CONCURSOS, as fotos dos premiados no CONCURSO DE RELATOS DO ATENEO SANTA CECILIA e no XVI CERTAME DE POESÍA DO CONCELLO DE MARÍN.
Noraboa, gañadores!!!
Premede nestes enlaces para acceder directamente ás fotos:
  XVI CERTAME POESÍA CONCELLO DE MARÍN 2011

FESTA POESÍA

Podedes ver todas as fotos da Festa da Poesía celebrada o pasado 13 de abril, nos respectivos apartados de FOTOS PRIMARIA e FOTOS ESO. A lista de gañadores de Primaria publicarémola proximamente.
PREMIADOS NA FESTA DA POESÍA 2011 - ESO

                1º PREMIO                 2º PREMIO                  3º PREMIO
1ºESO     CHIARA LÓPEZ          CELIA GARCÍA           SOFÍA SORBET
2ºESO     SARA MÉNDEZ          ALEJO HUELÍN           CARLOS BEIS         
3ºESO     NICOLÁS SORBET     SARAI REY                 LUCAS MÉNDEZ
4ºESO     ITZAL LORENZO        SABELA MOREIRA    AMANDA SOBRAL



jueves, 5 de mayo de 2011

LOIS PEREIRO, HOMENAXEADO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011

O 17 de Maío do 2011, Día das Letras Galegas, está dedicado a Lois Pereiro (Monforte de Lemos, 1958-A Coruña, 1996)
Autor de culto, representante da eclosión creativa dos 80 e da contracultura. Del dixo Manuel Rivas: "é un mito contemporáneo. A súa obra é vangardista, universal e tamén dramática, pero con moito alento. Lois Pereiro invoca aos bos espíritos, as marabillas, a rebeldía e a xenerosidade”.
 LOIS PEREIRO, HOMENAXEADO POLA R.A.G. NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011
Tristemente convivo coa túa ausencia
sobrevivo á distancia que nos nega
mentres bordeo a fronteira entre dous mundos
sen decidir cal deles pode darme
a calma que me esixo para amarte
sen sufrir pola túa indiferencia
a miña retirada preventiva



Se queres pasar un rato entretido coñecendo a Lois Pereiro, preme no seguinte enlace: lois-pereiro-libro-lim-letras-galegas

E aquí tendes unha páxina chea de materiais didácticos, recursos interactivos, bibliografía, etc  para Infantil, Primaria e ESO:
coordinadoraendl.org/letras2011