miércoles, 4 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS 2016: MANUEL MARÍA

Manuel María Fernández Teixeiro naceu en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e faleceu na Coruña o 8 de setembro de 2004. A súa prolífica obra, sempre impregnada dun fondo compromiso social, abrangue distintos xéneros, dende a poesía á narrativa pasando polo teatro e o ensaio


No ano 1942 comezou en Lugo os seus estudos de bacharelato ao tempo que agromaba xa unha temperá vocación pola escrita. Alí, logo de coñecer a Uxío Novoneyra, integrouse na tertulia do Café Méndez Núñez onde compartiu inquedanzas con autores tan destacados como Pimentel, Fole, Cunqueiro, Carballo Calero, Iglesia Alvariño ou Rof Codina. Con eles entrará en contacto co galeguismo, tanto o interior como o do exilio.
Nestes anos, dará a coñecer os seus primeiros poemas na revista literaria Xistral, fundada por el mesmo en colaboración co seu amigo Manuel Antonio Sopena.
No ano 1950, publica o seu primeiro poemario, Muiñeiro de brétemas, o primeiro libro en galego editado despois da Guerra Civil e co que se inaugura unha das correntes poéticas máis significativas da posguerra, a coñecida como "Escola da Tebra".
En 1956 Manuel María coñece á que será a súa compañeira e musa, Saleta Goi. A parella casa en Lugo tres anos máis tarde e pouco despois instálanse os dous en Monforte de Lemos, onde o poeta exercerá a actividade profesional de Procurador ata a súa xubilación.
Na década dos 60 e 70, leva a cabo unha intensa actividade política na clandestinidade, comprometido coa defensa dos movementos nacionalistas e implicado en múltiples iniciativas de promoción e recuperación cultural (conferencias, recitados, concertos...). O activismo político levouno a ser elixido, en 1979, concelleiro de Monforte polo Bloque Nacional Popular Galego.
Na súa fecunda obra cómpre salientar poemarios como Terra Chá (1954), Mar maior (1963), Libro dos pregos (1962), Cancións do lusco ó fusco (1970), Poemas ó outono (1977), Compendio de orballos e incertezas (1991), Poemas a Compostela (1993) ou o emblemático Os soños na gaiola (1968) dirixido ao público infantil. Deixounos tamén obras narrativas coma O bigote de Mimí (2003); dramáticas: Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela (1979) ou a Farsa de Bululú (2007); e ensaísiticas: Poetas entre a tradición e a modernidade. Luís Amado Carballo e a súa escola poética (1997) .
Esta intensa traxectoria literaria fíxoo merecedor de numerosos galardóns entre os que destacan: en 1976, o I Concurso de guións cinematográficos de Nós. Cinematográfica Galega; o premio “Celanova, casa dos poetas”, outorgado en 1990, ou o “Pedrón de Ouro”, recibido en 1994 na Casa Museo de Rosalía de Castro.
Manuel María, referente obrigado da literatura galega da segunda metade do século XX, revélasenos como unha figura singular non só pola riqueza creativa e temática da súa obra senón tamén polo compromiso íntimo coa súa cultura, coa súa lingua, co seu pobo.

Se queres investigar, velaí a ligazón para acceder a unha U.D. sobre o autor:


Aínda que é unha mágoa que esta composición de Manuel siga estando vixente na actualidade, cincuenta anos despois de cando foi escrita, podemos escoitala na cálida voz de Uxía (cun magnífico acompañamento musical)  para conmemorar a data de nacemento do autor. O vídeo realizado por ANTONIO RECAMÁN DE 4º ESO B. Parabéns!

Poema ROSAS recitado por MANUEL MARÍA

MANUEL MARÍA. A PALABRA ESTREMECIDA E ALERTADA

AUDIOS POEMAS DE MANUEL MARÍA

FOTOBIOGRAFÍA

OBRA
Páxinas:  1 2 3 4
Muinheiro_de_Bretemas.jpg

Muiñeiro de brétemas

Colección Benito Soto
Pontevedra, 1950
Morrendo_a_cada_intre.jpg

Morrendo a cada intre

La Voz de la Verdad
Lugo, 1952
Advento.jpg

Advento

Galicia do Contro Galego de B. Aires
Bos Aires, 1954
Terra_Cha.jpg

Terra Cha

Ediciones Celta
Lugo, 1954
Documentos_personaes.jpg

Documentos personaes

Ediciones Celta
Lugo, 1958
Libro_de_pregos.jpg

Libro de pregos

Ediciones Celta
Lugo, 1962
mar_maior.jpg

Mar Maior

Galaxia
Vigo, 1963
sonhos.gif

Os soños na gaiola

Cartonaxes Anmi
Lugo, 1968
118 pp.
Proba_documental.jpg

Proba documental

Edicións Xistral
Monforte, 1968
44 pp.
Versos_pra_Cantar_en_Feiras_e_Romaxes.jpg

Versos para cantar en feiras e romaxes

Edicións Patronato da Cultura Galega
Montevideo, 1969
54 pp.
Versos_pra_un_pais_de_minifundios.jpg

Versos para un país de minifundios

Edicións Nós
Bos Aires, 1969
20 pp.
Cancions_do_lusco_ao_fusco.jpg

Cancións do lusco ao fusco

Edicións Xistral
Monforte, 1970
46 pp.
Remol.jpg

Remol

Edicións Nós
Bos Aires, 1970
112 pp.
Odes_num_tempo_de_paz_e_de_alegria.jpg

Odes nun tempo de paz e de ledicia

Razao actual
Porto (Portugal), 1972
63 pp.
Páxinas:  1 2 3 4

No hay comentarios:

Publicar un comentario