O 23 de Abril celébrase o día do libro. Esta festa ten a súa orixe na celebración da Diada de Sant Jordi en Cataluña, sendo documentada polo menos desde 1925 a tradición de as parellas se intercambiaren un libro e unha rosa.
Ao mesmo tempo, en 1926 comezaron os esforzos para a creación dun Día do Libro que conmemoraría a figura de Miguel de Cervantes. Orixinariamente, a data escollida era o día do seu nacemento, o 7 de outubro, mais en 1930 mudou ao día da súa morte, o 23 de abril.
Non foi até 1995 cando a UNESCO decidiu outorgar carácter oficial e mundial á conmemoración do Día do Libro. Na elección da data tívose en conta o feito dunha triple coincidencia: o 23 de abril de 1616 teríanse producido as mortes de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o Inca Garcilaso. En realidade, as mortes non ocorreron o mesmo día, xa que Cervantes morreu o día 22, sendo enterrado o 23, e Shakespeare morreu o día 3 de maio segundo o calendario gregoriano, que corresponde ao 23 de abril no calendario xuliano.
Aproveitando que seguimos na semana de conmemoración desta data, ofrézovos unha bonita reflexión sobre o personaxe creado por Cervantes, Don Quixote:
jueves, 28 de abril de 2011
martes, 26 de abril de 2011
FOTOS BARCELONA 4º ESO
Siiiiiiiiiiiiiiiii...... Xa sei que non ten nada que ver coa normalización (ou si, coido que estes de 4º de ESO falaron máis en galego en Barcelona ca en Marín...,. Sonche así....)
Aproveito o blog para que vexades as fotos e así de paso tamén lle facedes algo de publicidade. Podedes velas no apartado de FOTOS ESO... Ai!!!!! Canto sufriron algúns subidos no Dragon khan (e que ben o pasamos outros)
Como eran demasiadas fotos, agrupeinas en varios bloques:
VIAXE (IDA E VOLTA)
MONTJUIC
PARC GÜELL
PORTAVENTURA
SAGRADA FAMILIA
TARRAGONA (I)
TARRAGONA (II)
BARCELONA (I)
BARCELONA (II)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)