UXÍA BUEZAS
PATRI CALVIÑO
SABELA PIÑEIRO
ALMUDENA
LARA
Os versos de Rosalía de Castro e as inxustizas sociais
o espolio dunha perenne miseria,
as violacións a roupa de cote puñéronma en tiras,
a inxustiza social sin abrigo tembra,
os desafiuzamentos embargaránnos todo,
o abuso laboral que se amargo pan vos ganan / dádesllo envolto en veneno
os éxodos en errantes hordas.
Rosalía de Castro
foi una das principais escritoras galegas do século XIX. A súa obra inclúese
dentro do período do Romanticismo. Escribiu tanto en galego como en castelán e
a temática da súa obra é de dor e desengano, de morriña e patria. Rosalía
considérase unha pioneira do feminismo na literatura.
Neste traballo
analízanse dous poemas relacionados con sentimentos negativos como a vergonza,
a deshonra; e con problemáticas sociais tan actuais coma o maltrato ou o
machismo.
Rosalía identifícase nos seus poemas con mulleres deshonradas,
maltratadas, con seres perseguidos e sinalados pola xente. Estes poemas son un
medio para liberarse do sentimento do ser obxecto de burla, dándolle expresión
poética. Os poemas permítenlle exteriorizar ese sentimento de raíz
inconsciente.
O primeiro dos poemas, Ladraban contra min, inclúese na súa
obra Follas Novas.
Ladraban contra min, que camiñaba
cásique sin
alento,
sin poder co meu
fondo pensamento
i a pezoña mortal
que en min levaba.
I a xente que
topaba,
ollándome a
mantenta,
do meu dor sin
igual i a miña afrenta,
traidora se
mofaba.
I eso que nada máis
que a adivinaba.
«Si a souperan,
¡Dios mío!,
-penséi tembrando-,
contra min volvera
a corrente do
río».
Buscando o abrigo
dos máis altos muros,
nos camiños
desertos,
ensangrentando os
pes nos seixos duros,
fun chegando ó lugar
dos meus cariños,
maxinando
espantada: «Os meus meniños
¿estarán xa
despertos?
¡Ai, que ó verme
chegar tan maltratada,
chorosa, sin alento
e ensangrentada,
darán en se
afrixir, malpocadiños,
por suá nai
malfadada!».
Pouco a pouco fun
indo,
i as escaleiras con
temor subindo,
co triste corazón
sobresaltado.
¡Escoitéi...! Nin
as moscas rebullían.
No berce inda os
meus ánxeles dormían,
ca Virxen ao seu
lado.
No primeiro verso,
a frase “ladraban contra min”, a escritora indica que lle berraban e se
burlaban dela. Nótase a
angustia dunha persoa que case sen alento camiña oíndo os cans ladrar contra
ela.
Expresa tamén un sentimento de vergonza,
probablemente relacionado co feito de que a propia Rosalía era filla de nai
solteira e un sacerdote.
Nos seguintes
versos, Rosalía expresa a angustia dunha muller polos seus fillos, porque non
quere que a vexan maltratada.
Os últimos versos
son de tranquilidade porque os nenos dormen pacíficamente na súa cama.
O segundo poema, A xustiza pola man, tamén
pertence á obra Follas Novas, e conta
a vinganza dunha muller que pide xustiza, e como non lla conceden decide matar
aos que a ofenderon.
Aqués que tén fama
de honrados na vila,
roubáronme tanta
brancura que eu tiña;
botáronme estrume
nas galas dun día,
a roupa de cote
puñéronma en tiras.
Nin pedra deixaron
en donde eu vivira;
sin lar, sin
abrigo, moréi nas curtiñas;
ó raso cas lebres
dormín nas campías;
meus fillos...,
¡meus anxos...!, que tanto eu quería,
¡morreron, morreron
ca fame que tiñan!
Quedéi deshonrada,
mucháronme a vida,
fixéronme un leito
de toxos e silvas;
i en tanto, os
raposos de sangre maldita,
tranquilos nun
leito de rosas dormían.
-¡Salvádeme, ou,
xueces! -berréi... ¡Tolería!
De min se mofaron,
vendéume a xusticia. -
Bon Dios, axudáime
-berréi, berréi inda...
Tan alto que
estaba, bon Dios non me oíra.
Estonces, cal loba
doente ou ferida,
dun salto con rabia
pilléi a fouciña,
rondéi paseniño...
¡Ne as herbas sentían!
I a lúa escondíase,
i a fera dormía
cos seus
compañeiros en cama mullida.
Miréinos con calma,
i as mans estendidas,
dun golpe, ¡dun
soio!, deixéinos sin vida.
I ó lado, contenta,
sentéime das vítimas,
tranquila,
esperando pola alba do día.
I estonces...,
estonces cumpréuse a xusticia:
eu, neles; i as
leises, na man que os ferira.
Nos versos “roubáronme
tanta brancura que eu tiña” ou “a
roupa de cote puñéronma en tiras”, Rosalía pode estar facendo
referencia a un atentado ao seu honor, como
unha violación.
Tamén se refiere á
pobreza, porque fala de como os seus fillos están morrendo de fame.
Nos
seguintes versos relata que por moito que grite que a salven ante o xuíz, non
lle van facer caso.
Por último, a
escritora demostra que se pode facer xustiza por moito que coste, aínda que
sexa fóra da lei.
Queda claro o odio,
o resentimento e o desexo de vinganza da muller perseguida.