martes, 25 de octubre de 2011

"A cada paso, un libro": Premio a un gran traballo

NORABOA!!!!

A comunidade educativa do colexio Inmaculada de Marín séntese moi satisfeita tras conseguir o segundo premio do concurso de Animación á Lectura, certame de nivel nacional organizado pola Fundación Santa María no que participaron preto de cento cincuenta centros de toda España.  Cinco mil euros é o montante do premio recibido que o colexio reinvestirá no proxecto educativo.
O proxecto presentado "A cada paso un libro" consistiu en impregnar todas as dependencias do colexio do mundo dos contos con debuxos, música e ambientacións de todo tipo en cada unha das obras literarias máis ou menos tradicionais e de recoñecidos autores de contos.
 O alumnado do colexio foi visitando todos os recantos seguindo os pasos marcados no chan para dirixilos cara ás distintas representacións estáticas, tomando notas para unha posterior posta en común dos contidos observados.
Se queres ver as fotos do proxecto e o traballo cos nenos, preme neste enlace:
Tamén podes ver novamente o vídeo premendo no seguinte enlace:

A CADA PASO UN LIBRO. VÍDEO

CURSO 2011-12

Xa levamos máis dun mes do curso... e dende o Departamento de Normalización, a estas alturas, aínda vos estamos a dar a BENVIDA.

Comezamos un novo curso no CPR La Inmaculada, o 2011/2012, sempre con novos proxectos no horizonte e, ao mesmo tempo co ánimo de consolidar os que xa temo. Así que... con moito ánimo e... ¡¡¡BENVIDOS!!!