INFANTIL
PRIMARIA
ESO
lunes, 16 de julio de 2012
martes, 5 de junio de 2012
domingo, 3 de junio de 2012
OS CADETES DO BARÇA DE BALONCESTO VISITAN O NOSO COLE
O venres 1 de xuño foi un día que os alumnos do nos o cole non esquecerán. Se emotiva foi a visita de Fina Casalderrey tamén o foi a dos xogadores do equipo cadete do Barça que o sábado se enfrontaron ao Marín Peixe Fresco (que, por certo, resultaron subcampións... Noraboa, Peixe!!!!)
VISITA DE FINA CASALDERREY
Graciñas, Fina, pola túa visita e as túas palabras.
Aquí vos deixo as imaxes para ver como transcorreu a charla.
viernes, 25 de mayo de 2012
2º PREMIO IV CONCURSO NOVOS TALENTOS RELATO CURTO COCA COLA
O venres 25 de maio, a alumna de 2º de ESO B, ÁNGELA GESTIDO LORENZO, foi galardoada cun merecidísimo 2º premio no Concurso Novos Talentos - Relato Curto de Coca Cola, que este ano celebrou a súa 4ª edición.
A cerimonia de entrega de premios celebrouse en Santiago, no Auditorio de Galicia, ante un nutrido grupo de asistentes, entre os que se encontraban importantes personalidades políticas e literarias que animaron o alumnado a continuar con "esa marabillosa afección que é a escritura".A nosa orgullosa gañadora recibiu, ademais das felicitacións da organización, numerosos premios que, sen dúbida, lle servirán de estímulo para impulsar a súa vocación literaria.
Noraboa, campioa!
| Unha frase extraída do relato de ÁNGELA |
| Entrega do diploma acreditativo do 2º premio |
Outro día estresante; para a semana nove exames e para a que vén dous máis. Pero que é isto! Hai que facer unha folga! Non, si, non, si, non...
Os meus pensamentos contradícense e confúndenme, como en moitos casos de nenos da miña idade. Si, sei o que pensades, teño trece anos, a idade do galo, galiña, polo e todo iso que din os pais para bromear sobre nós. O único que teño claro na vida é que non teño nada claro. O único que non teño claro na vida é todo.| Ángela posando con outras finalistas |
| Premios desta 4ª edición |
miércoles, 23 de mayo de 2012
4ª EDICIÓN CONCURSO COCA COLA
| Ángela Gestido, na súa aula de 2º ESO (foto de Chiara López) |
Unha foto do triatleta galego Javier Gómez Noya subido á
súa bicicleta foi o punto de partida para os alumnos e alumnas de 2º de ESO que participaron
no IV Concurso Novos Talentos - Premio de Relato Curto en galego, organizado
por Coca Cola.
Os estudantes, procedentes de diferentes institutos e
colexios galegos, tiveron que escribir unha redacción inspirándose nesa foto.
Entre os participantes, o nerviosismo era a tónica xeral antes de comezar a
proba.
Non foi menos para as nosas alumnas. E das catro que participaron, Ángela Gestido, de 2º ESO B, quedou finalista no sector Pontevedra-Ourense. Este venres, 25 de Maio, acudirá a recoller o seu premio na Santiago de Compostela nunha gala que terá lugar no Auditorio de Galicia.
Desexámosche moita sorte, Ángela!!!!
lunes, 21 de mayo de 2012
CERTAME RELATO CURTO CONCELLO DE MARÍN 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)