Mostrando entradas con la etiqueta Nadal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Nadal. Mostrar todas las entradas

sábado, 22 de diciembre de 2012

jueves, 20 de diciembre de 2012

BO NADAL

O Apalpador, a figura tradicional do Nadal nalgunhas zonas de montaña do país -tamén coñecido co nome de Pandigueiro na comarca de Trives- é a figura mítica galega dun bo pastor carboeiro nado no Courel. Segundo a tradición, durante todo o ano fabrica carbón e xoguetes coa madeira das árbores das altas montañas e bosques nos que mora.

A noite do 24 ou do 31 de decembro, baixa ós pobos a visitar aos nenos, tócalles o ventre para ollar se comeron o suficiente durante todo o ano e déixalles unha morea de castañas quentes e, ás veces, algúns agasallos de madeira, desexándolles que teñan un bo ano novo cheo de felicidade e comida.


BO NADAL 2012 E PRÓSPERO ANINOVO 2013

sábado, 17 de diciembre de 2011

CAMIÑO DO NADAL

BO NADAL

¡Para todos e para todas! Sen distincións. Especialmenteb para os pobres que ocupan o primeiro lugar, ao xeito de Deus que se achegou ao mundo en Xesús, pobre, sinxelo e no mundo dos excluídos.

Cómpre reflexionar. Por enriba da nosa fe/crenza, a todos nos tiña que preocupar acadar máis coherencia como persoas. Polo feito de selo e por respecto á tradición. Como cristiáns, por fidelidade a Xesús. Celebramos que Deus chega en sinxeleza, humildade e pobreza. Vén compartir vida e amosar camiños. E nosoutros enchemos as rúas e as nosas casas de luces, festas, comidas e bebidas caras. E baleiramos o corazón.¡Reina o consumo!.

Cos nosos abusos, humillamos aos que non teñen pan que levar á boca, aos inmigrantes sen traballo, aos sen teito. Non reparamos neles. Nin nos veciños con pensións de miseria. A Humanidade vai ser liberada do mal, da inxustiza, da violencia...cando sexa reorientada cara á forza que vén da Luz, do Amor, da Xustiza (que leva a un xusto reparto dos bens/riquezas) o que fai posible manter a Esperanza. Esa salvación é a que nos ofrece Xesús. Ese é tamén o Nadal que temos de compartir e celebrar! ¡Bo Nadal a todos/as!