A capacidade literaria dos nosos alumnos e alumnas, salpicada pola súa grande imaxinación deu como resultado que, novamente, sexan finalistas deste prestixioso concurso literario.
No certame deste ano participaron máis de 600 estudantes de segundo de ESO na proba que se desenvolveu o pasado 12 de abril, e na que o estímulo narrativo foi "Positividad Raudales". Este era o nome e apelido do personaxe que debía converterse no protagonista do relato. Nas indicacións incluíase ademais a súa profesión, dirección de correo e outros datos que os alumnos debían incluír no relato. Os participantes dispoñían de dúas horas de tempo e non podían superar a extensión do caderno que entrega a organización, dous folios polas dúas caras, para a composición da súa historia.
Mostrando entradas con la etiqueta concursos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta concursos. Mostrar todas las entradas
sábado, 8 de junio de 2013
sábado, 25 de mayo de 2013
V EDICIÓN CONCURSO COCA-COLA NOVOS TALENTOS PREMIO RELATO CURTO
Parabéns ás nosas escritoras!!!!
jueves, 23 de mayo de 2013
CONCURSO POESÍA CONCELLO DE MARÍN LETRAS GALEGAS 2013
viernes, 25 de mayo de 2012
2º PREMIO IV CONCURSO NOVOS TALENTOS RELATO CURTO COCA COLA
O venres 25 de maio, a alumna de 2º de ESO B, ÁNGELA GESTIDO LORENZO, foi galardoada cun merecidísimo 2º premio no Concurso Novos Talentos - Relato Curto de Coca Cola, que este ano celebrou a súa 4ª edición.
A cerimonia de entrega de premios celebrouse en Santiago, no Auditorio de Galicia, ante un nutrido grupo de asistentes, entre os que se encontraban importantes personalidades políticas e literarias que animaron o alumnado a continuar con "esa marabillosa afección que é a escritura".A nosa orgullosa gañadora recibiu, ademais das felicitacións da organización, numerosos premios que, sen dúbida, lle servirán de estímulo para impulsar a súa vocación literaria.
Noraboa, campioa!
| Unha frase extraída do relato de ÁNGELA |
| Entrega do diploma acreditativo do 2º premio |
Outro día estresante; para a semana nove exames e para a que vén dous máis. Pero que é isto! Hai que facer unha folga! Non, si, non, si, non...
Os meus pensamentos contradícense e confúndenme, como en moitos casos de nenos da miña idade. Si, sei o que pensades, teño trece anos, a idade do galo, galiña, polo e todo iso que din os pais para bromear sobre nós. O único que teño claro na vida é que non teño nada claro. O único que non teño claro na vida é todo.| Ángela posando con outras finalistas |
| Premios desta 4ª edición |
miércoles, 23 de mayo de 2012
4ª EDICIÓN CONCURSO COCA COLA
| Ángela Gestido, na súa aula de 2º ESO (foto de Chiara López) |
Unha foto do triatleta galego Javier Gómez Noya subido á
súa bicicleta foi o punto de partida para os alumnos e alumnas de 2º de ESO que participaron
no IV Concurso Novos Talentos - Premio de Relato Curto en galego, organizado
por Coca Cola.
Os estudantes, procedentes de diferentes institutos e
colexios galegos, tiveron que escribir unha redacción inspirándose nesa foto.
Entre os participantes, o nerviosismo era a tónica xeral antes de comezar a
proba.
Non foi menos para as nosas alumnas. E das catro que participaron, Ángela Gestido, de 2º ESO B, quedou finalista no sector Pontevedra-Ourense. Este venres, 25 de Maio, acudirá a recoller o seu premio na Santiago de Compostela nunha gala que terá lugar no Auditorio de Galicia.
Desexámosche moita sorte, Ángela!!!!
lunes, 21 de mayo de 2012
CERTAME RELATO CURTO CONCELLO DE MARÍN 2012
domingo, 29 de mayo de 2011
SAÍMOS NA TELE!!!!!
O pasado venres 27 de maio emitiuse nos informativos de Via televisión unha entrevistan a varios alumn@s do noso colexio: KIARA, ANDREA VERDE e SOFÍA SORBET, alumnas de 1º ESO B foron premiadas no concurso da ONCE, e CARLOS BEIS, alumno de 2º ESOA foi finalista no de Novos Talentos de Coca-Cola. Ademais, Carolina fala do proxecto de animación á lectura: "A cada paso un libro".
NORABOA, CAMPIÓNS!!!!
sábado, 28 de mayo de 2011
CARLOS BEIS, ALUMNO DE 2º ESO A, DOBRE FINALISTA DO CONCURSO DE RELATO CURTO DE COCACOLA
Carlos Beis Penedo, finalista provincial do III Concurso “Coca-Cola Novos Talentos - Premio Relato Curto” e da 51 Edición do Concurso “Coca-Cola Jóvenes Talentos - Premio Relato Corto”.
De cada sector provincial (son seis: A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense e Pontevedra) elíxense os seis mellores relatos. Estes seis primeiros clasificados recibiron cadanseu obsequio na gala de entrega de premios que se celebrou o pasado venres 27 de maio ás 19h00 no Museo do Pobo Galego (Santiago) e na que Carlos obtivo un meritorio 5º posto, tendo en conta que neste concurso participaron máis de 5000 escolares dun total de 79 centros escolares, dos que finalmente se clasificaron 291.
Así mesmo, Carlos Beis Penedo, é gañador por partida dobre, xa que tamén quedou finalista provincial da 51 Edición do Concurso “Coca-Cola Jóvenes Talentos - Premio Relato Corto”.
Os 6 primeros clasificados por cada sector provincial (dun total de sete: A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Vigo e Pontevedra) recibirán cada un deles un regalo, na gala de entrega de premios que terá lugar en Ferrol o vindeiro venres 3 de xuño..
Na FASE PROVINCIAL, cada Sector Provincial elixiu os seis mellores relatos de entre todos os presentados en cada Sector Provincial, outorgándolles unha clasificación do 1º ao 6º. Os mellores de cada sector accederán á Fase Estatal, na que participarán os clasificados en 1º lugar de cada Sector Provincial, e serán agrupados por Comunidades Autónomas. Os 17 finalistas autonómicos terán como premio unha viaxe.A entrega de premios do concurso nacional na que participará Carlos terá lugar venres 3 de xuño ás 19h00 en Ferrol.
Sorte, Carlos!!!!!
Se queres ler o seu relato, fai clic no seguinte enlace:
Carlos Beis_relatocurtococacola2011_modalidadegalego
Se queres ler o seu relato, fai clic no seguinte enlace:
Carlos Beis_relatocurtococacola2011_modalidadegalego
martes, 17 de mayo de 2011
CONCURSOS RELATO ATENEO SANTA CECILIA E POESÍA CONCELLO
Xa tedes á vosa disposición, no apartado de CONCURSOS, as fotos dos premiados no CONCURSO DE RELATOS DO ATENEO SANTA CECILIA e no XVI CERTAME DE POESÍA DO CONCELLO DE MARÍN.
XVI CERTAME POESÍA CONCELLO DE MARÍN 2011
Noraboa, gañadores!!!
Premede nestes enlaces para acceder directamente ás fotos:XVI CERTAME POESÍA CONCELLO DE MARÍN 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


