martes, 17 de mayo de 2011

CONCURSOS RELATO ATENEO SANTA CECILIA E POESÍA CONCELLO

Xa tedes á vosa disposición, no apartado de CONCURSOS, as fotos dos premiados no CONCURSO DE RELATOS DO ATENEO SANTA CECILIA e no XVI CERTAME DE POESÍA DO CONCELLO DE MARÍN.
Noraboa, gañadores!!!
Premede nestes enlaces para acceder directamente ás fotos:
  XVI CERTAME POESÍA CONCELLO DE MARÍN 2011

FESTA POESÍA

Podedes ver todas as fotos da Festa da Poesía celebrada o pasado 13 de abril, nos respectivos apartados de FOTOS PRIMARIA e FOTOS ESO. A lista de gañadores de Primaria publicarémola proximamente.
PREMIADOS NA FESTA DA POESÍA 2011 - ESO

                1º PREMIO                 2º PREMIO                  3º PREMIO
1ºESO     CHIARA LÓPEZ          CELIA GARCÍA           SOFÍA SORBET
2ºESO     SARA MÉNDEZ          ALEJO HUELÍN           CARLOS BEIS         
3ºESO     NICOLÁS SORBET     SARAI REY                 LUCAS MÉNDEZ
4ºESO     ITZAL LORENZO        SABELA MOREIRA    AMANDA SOBRAL



jueves, 5 de mayo de 2011

LOIS PEREIRO, HOMENAXEADO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011

O 17 de Maío do 2011, Día das Letras Galegas, está dedicado a Lois Pereiro (Monforte de Lemos, 1958-A Coruña, 1996)
Autor de culto, representante da eclosión creativa dos 80 e da contracultura. Del dixo Manuel Rivas: "é un mito contemporáneo. A súa obra é vangardista, universal e tamén dramática, pero con moito alento. Lois Pereiro invoca aos bos espíritos, as marabillas, a rebeldía e a xenerosidade”.
 LOIS PEREIRO, HOMENAXEADO POLA R.A.G. NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011
Tristemente convivo coa túa ausencia
sobrevivo á distancia que nos nega
mentres bordeo a fronteira entre dous mundos
sen decidir cal deles pode darme
a calma que me esixo para amarte
sen sufrir pola túa indiferencia
a miña retirada preventiva



Se queres pasar un rato entretido coñecendo a Lois Pereiro, preme no seguinte enlace: lois-pereiro-libro-lim-letras-galegas

E aquí tendes unha páxina chea de materiais didácticos, recursos interactivos, bibliografía, etc  para Infantil, Primaria e ESO:
coordinadoraendl.org/letras2011







jueves, 28 de abril de 2011

DÍA DO LIBRO

O 23 de Abril celébrase o día do libro. Esta festa ten a súa orixe na celebración da Diada de Sant Jordi en Cataluña, sendo documentada polo menos desde 1925 a tradición de as parellas se intercambiaren un libro e unha rosa.

Ao mesmo tempo, en 1926 comezaron os esforzos para a creación dun Día do Libro que conmemoraría a figura de Miguel de Cervantes. Orixinariamente, a data escollida era o día do seu nacemento, o 7 de outubro, mais en 1930 mudou ao día da súa morte, o 23 de abril.

Non foi até 1995 cando a UNESCO decidiu outorgar carácter oficial e mundial á conmemoración do Día do Libro. Na elección da data tívose en conta o feito dunha triple coincidencia: o 23 de abril de 1616 teríanse producido as mortes de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o Inca Garcilaso. En realidade, as mortes non ocorreron o mesmo día, xa que Cervantes morreu o día 22, sendo enterrado o 23, e Shakespeare morreu o día 3 de maio segundo o calendario gregoriano, que corresponde ao 23 de abril no calendario xuliano.

Aproveitando que seguimos na semana de conmemoración desta data, ofrézovos unha bonita reflexión sobre o personaxe creado por Cervantes, Don Quixote:

martes, 26 de abril de 2011

FOTOS BARCELONA 4º ESO

 
Siiiiiiiiiiiiiiiii...... Xa sei que non ten nada que ver coa normalización (ou si, coido que estes de 4º de ESO falaron máis en galego en Barcelona ca en Marín...,. Sonche así....)
Aproveito o blog para que vexades as fotos e así de paso tamén lle facedes algo de publicidade. Podedes velas no apartado de FOTOS ESO... Ai!!!!! Canto sufriron algúns subidos no Dragon khan (e que ben o pasamos outros)
Como eran demasiadas fotos, agrupeinas en varios bloques:
VIAXE (IDA E VOLTA)
MONTJUIC
PARC GÜELL
PORTAVENTURA
SAGRADA FAMILIA
TARRAGONA (I)
TARRAGONA (II)
BARCELONA (I)
BARCELONA (II)

domingo, 20 de marzo de 2011

FOTOS DO ENTROIDO

Xa podedes acceder ásfotos do Entroido. Están ubicadas na sección correspondente: Infantil, Primaria, Eso.... Que disfrutedes delas tanto como disfrutaron os rapaces disfrazándose, bailando e desfilando....

miércoles, 16 de marzo de 2011

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Esta páxina aínda está en construción. Iremos paseseniño, pero trataremos de ofrecervos as novas do noso centro, así como imaxes dos diferentes momentos do curso escolar 2010/2011 Moitas grazas pola vosa comprensión e suxerencias para mellorar este servizo que dende aquí ofrecemos a alumnos, pais e profesores.