O galego máis aló da morte, funerais, necrolóxicas e lápidas en galego...
BEN FALADO 73, 304
jueves, 27 de octubre de 2016
viernes, 21 de octubre de 2016
GALICIA, PAÍS DE MORTOS
O Outono é o tempo da morte en Galicia. Ten a súa lóxica se observamos a caducidade da natureza, (lembra que a palabra outono: "auctu-" + "annum" poderiámola traducir como "ano medrado, acabado ou maduro") e que segundo parece nos tempos remotos a cultura da prehistoria seica tamén celebraba algo así coa festividade do Samaín. Daquela xurdiu unha especie de peregrinación cara a Fisterra, máis antiga que a do que logo sería o Camiño de Santiago, que sería unha "romaría" cara o Alén, a Illa do Mortos situada nalgún lugar non moi lonxe da costa Atlántica (o poeta Cabanillas no século XIX falaba de Sálvora e recentemente arqueólogos galegos dirixen a súa atención cara a illa do Areoso no mesmo mar de Arousa).
Coa chegada dos romanos e logo do Cristianismo as crenzas mediterráneas foron solapándose sobre as outras atlánticas que tiñan tamén certas semellanzas. Os romanos creron que o río Limia sería o río do Esquecemento, un río que tradicionalmente atravesaban os mortos na derradeira viaxe. Os romanos facíanse eco seguramente do que contaban os historiadores gregos que pensaran que na nosa Terra achábase a fin do Mundo,lugar onde cada día morría o sol (un dos traballos de Heracles, co xigante Xerión localízouse de vello en Galicia e mesmo unha entrada cara ao mundo dos Mortos... da que logo se farán eco unha lenda asturiana e outras galegas que mantiveron viva esa idea ata os nosos días (Cova do Pico Sacro ou en Compostela).
O Cristianismo foi facendo medrar a idea do Purgatorio e as ánimas en pena, a celebración do Día de Defuntos que se instaura dende o Vaticano e polos Papas da Idade Media. Dende aquela o mes de novembro en Galicia foi o mes de Santos ou Defuntos que multiplicará, en época histórica, as tradicións e crenzas enraizadas dende a prehistoria no noso país. Vexamos este vídeo sobre "Santo André de Teixido onde vai de morto quen non foi de vivo"
A relación de Galicia coa morte logo será unha relación moi especial e que carga de identidade aos seus habitantes. Imos buscar algún argumento máis: A crenza popular e tan galega da Compaña, e doutros moitos avisos da morte (morte branca e moura, o paxaro da morte, a Estadea...) o feito de que o magostosexa unha celebración no que a castaña ben sexa un símbolo das ánimas (castañas que se botaban dende os campanarios nos adros das igrexas) ou ben alimento que se lle deixa na mesa tradicionalmente na noite de Defuntos (sendo común deixarlle tamén un posto nesa mesa ou simplemente sen recoller os restos da cea costume que aínda se conserva por exemplo no Morrazo). E que diremos sobre outros aspectos do culto aos mortos como o tan coñecido das choronas (a chorar a Cangas)hoxe case perdido ou o restaurado recentemente co tallado das cabazas, que algúns relacionan coas caveiras con candeas dos celtas no Samaín?
(Fonte:http://www.blogoteca.com/verbavolant/)
miércoles, 4 de mayo de 2016
LETRAS GALEGAS 2016: MANUEL MARÍA
Manuel María Fernández Teixeiro naceu en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e faleceu na Coruña o 8 de setembro de 2004. A súa prolífica obra, sempre impregnada dun fondo compromiso social, abrangue distintos xéneros, dende a poesía á narrativa pasando polo teatro e o ensaio
No ano 1942 comezou en Lugo os seus estudos de bacharelato ao tempo que agromaba xa unha temperá vocación pola escrita. Alí, logo de coñecer a Uxío Novoneyra, integrouse na tertulia do Café Méndez Núñez onde compartiu inquedanzas con autores tan destacados como Pimentel, Fole, Cunqueiro, Carballo Calero, Iglesia Alvariño ou Rof Codina. Con eles entrará en contacto co galeguismo, tanto o interior como o do exilio.
Nestes anos, dará a coñecer os seus primeiros poemas na revista literaria Xistral, fundada por el mesmo en colaboración co seu amigo Manuel Antonio Sopena.
No ano 1950, publica o seu primeiro poemario, Muiñeiro de brétemas, o primeiro libro en galego editado despois da Guerra Civil e co que se inaugura unha das correntes poéticas máis significativas da posguerra, a coñecida como "Escola da Tebra".
En 1956 Manuel María coñece á que será a súa compañeira e musa, Saleta Goi. A parella casa en Lugo tres anos máis tarde e pouco despois instálanse os dous en Monforte de Lemos, onde o poeta exercerá a actividade profesional de Procurador ata a súa xubilación.
Na década dos 60 e 70, leva a cabo unha intensa actividade política na clandestinidade, comprometido coa defensa dos movementos nacionalistas e implicado en múltiples iniciativas de promoción e recuperación cultural (conferencias, recitados, concertos...). O activismo político levouno a ser elixido, en 1979, concelleiro de Monforte polo Bloque Nacional Popular Galego.
Na súa fecunda obra cómpre salientar poemarios como Terra Chá (1954), Mar maior (1963), Libro dos pregos (1962), Cancións do lusco ó fusco (1970), Poemas ó outono (1977), Compendio de orballos e incertezas (1991), Poemas a Compostela (1993) ou o emblemático Os soños na gaiola (1968) dirixido ao público infantil. Deixounos tamén obras narrativas coma O bigote de Mimí (2003); dramáticas: Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela (1979) ou a Farsa de Bululú (2007); e ensaísiticas: Poetas entre a tradición e a modernidade. Luís Amado Carballo e a súa escola poética (1997) .
Esta intensa traxectoria literaria fíxoo merecedor de numerosos galardóns entre os que destacan: en 1976, o I Concurso de guións cinematográficos de Nós. Cinematográfica Galega; o premio “Celanova, casa dos poetas”, outorgado en 1990, ou o “Pedrón de Ouro”, recibido en 1994 na Casa Museo de Rosalía de Castro.
Manuel María, referente obrigado da literatura galega da segunda metade do século XX, revélasenos como unha figura singular non só pola riqueza creativa e temática da súa obra senón tamén polo compromiso íntimo coa súa cultura, coa súa lingua, co seu pobo.
Aínda que é unha mágoa que esta composición de Manuel siga estando vixente na actualidade, cincuenta anos despois de cando foi escrita, podemos escoitala na cálida voz de Uxía (cun magnífico acompañamento musical) para conmemorar a data de nacemento do autor. O vídeo realizado por ANTONIO RECAMÁN DE 4º ESO B. Parabéns!
MANUEL MARÍA. A PALABRA ESTREMECIDA E ALERTADA
AUDIOS POEMAS DE MANUEL MARÍA
FOTOBIOGRAFÍA
OBRA
AUDIOS POEMAS DE MANUEL MARÍA
FOTOBIOGRAFÍA
OBRA
Muiñeiro de brétemas
Colección Benito Soto
Pontevedra, 1950
| ||||
Morrendo a cada intre
La Voz de la Verdad
Lugo, 1952
| ||||
Advento
Galicia do Contro Galego de B. Aires
Bos Aires, 1954
| ||||
Terra Cha
Ediciones Celta
Lugo, 1954
| ||||
Documentos personaes
Ediciones Celta
Lugo, 1958
| ||||
Libro de pregos
Ediciones Celta
Lugo, 1962
| ||||
Mar Maior
Galaxia
Vigo, 1963
| ||||
Os soños na gaiola
Cartonaxes Anmi
Lugo, 1968
118 pp.
| ||||
Proba documental
Edicións Xistral
Monforte, 1968
44 pp.
| ||||
Versos para cantar en feiras e romaxes
Edicións Patronato da Cultura Galega
Montevideo, 1969
54 pp.
| ||||
Versos para un país de minifundios
Edicións Nós
Bos Aires, 1969
20 pp.
| ||||
Cancións do lusco ao fusco
Edicións Xistral
Monforte, 1970
46 pp.
| ||||
Remol
Edicións Nós
Bos Aires, 1970
112 pp.
| ||||
Odes nun tempo de paz e de ledicia
Razao actual
Porto (Portugal), 1972
63 pp.
| ||||
martes, 10 de noviembre de 2015
VÍDEOS ROMANTICISMO ALUMNOS 4º ESO
Fantástico traballo realizado polos alumnos de 4º ESO. Tratábase de crear unha historia imitando o estilo de Bécquer en "El monte de las ánimas", utilizando os temas e tópicos románticos da liberdade, a morte, a angustia vital, a evasión, o suicidio, a natureza acorde cos sentimentos, os elementos fantásticos e misteriosos, o mundo sobrenatural, o destino adverso, a existencia atormentada, a visualización do propio enterro … E todo iso co obxectivo de emocionar e conmover. Valorade vós, eu creo que o conseguiron!!!
Parabéns polo voso esforzo!!!
Parabéns polo voso esforzo!!!
miércoles, 20 de mayo de 2015
ESPECIAL SÁLVAME DELUXE FILGUEIRA VALVERDE
Os alumnos de 3º ESO A ofrécennos unha entrevista a Filgueira Valverde no seu particular "Especial Sálvame Deluxe". Bo traballo!!!
viernes, 8 de mayo de 2015
LETRAS GALEGAS 2015 - Xosé Fernando Filgueira Valverde
Xosé Fernando Filgueira
Valverde, controvertido intelectual galego, foi co-fundador do Seminario de
Estudos Galegos e director do Instituto Padre Sarmiento e o Museo de
Pontevedra. Presidiu o Consello da Cultura Galega e foi membro da Real Academia
Galega. É autor dunha moi numerosa obra, nomeadamente nos campos da historia,
literatura, arqueoloxía e antropoloxía de Galicia. Adícaselle o Día das Letras
de 2015 polo seu traballo a prol da cultura galega.
A súa notoria precocidade permítelle, con apenas 17 anos, dirixir a sección de Historia da Literatura no Seminario de Estudos Galegos (SEG). Son anos nos que verán a luz os seus primeiros traballos: Os nenos e “Cantigas de El Rei Sabio localizadas en Galicia. San Ero de Armenteira”, no 1925, e o Vocabulario popular galego-castelán, xunto con Tobío, Magariños e Cordal, no 1926.
A década dos 30 foi igualmente intensa para Filgueira non só no tocante á súa actividade política, traballando a prol do Estatuto e participando na fundación do Partido Galeguista, senón tamén na cultural. No 1931, colabora na edición e difusión do Álbum Nós de Castelao e publica a Guía de Pontevedra. Un ano máis tarde, escribe a peza teatral Agromar. Farsa pra rapaces que non se editará ata 1936.
Durante a guerra exerceu como profesor no Instituto de Lugo e alí descubriu o primeiro traballo lexicográfico sobre o galego, o vocabulario manuscrito do Bacharel Olea.
A teima de visibilizar Galicia e reconstruír a súa historia lévao a recompilar e clasificar, en fichas bibliográficas, artigos relacionados coa cultura galega que se difundirán en distintos números da revista Logos. O mesmo afán, móveo tamén a iniciar o Inventario de monumentos arqueolóxicos que se completará, posteriormente, naCatalogación arqueolóxica e artística de Galicia.
No ano 40 ocupa a vicepresidencia da Comisión Provincial de Monumentos Histórico-Artísticos de Pontevedra e, máis tarde, asume a dirección do Museo de Pontevedra, onde inicia as senlleiras exposicións monográficas temporais, tan características do Museo. Dous anos máis tarde, pasa a ser membro da Real Academia Galega, pon en marcha a revista Museo de Pontevedra e dá a coñecer o Cancioneiro Musical de Galicia. No ano 1948 funda, xunto con outros intelectuais, Bibliófilos Gallegos, editorial bilingüe na que divulgará, nestes anos de ditadura, obras en galego ou de temática galega.
Xa no 1953, é nomeado membro da Real Academia da Lingua e do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento. De 1959 a 1968, é alcalde de Pontevedra, cargo que compaxinou co de procurador en cortes, posto este dende o que loitou pola presenza legal do galego no ensino. Así, chegada a democracia, aos 75 anos, participa na elaboración e aprobación da Lei de normalización lingüística (Lei 3/1983) e dirixe o deseño da base legal do Consello da Cultura Galega e os traballos para a aprobación da correspondente Lei no Parlamento (Lei 8/1983). Será nomeado presidente desta institución aos 84 anos.
A súa fecunda actividade intelectual desenvólvese ininterrompidamente ao longo de máis de 70 anos, con máis de 300 obras e milleiros de artigos sobre as máis variadas disciplinas. Un humanista, un erudito, o último gran polígrafo galego.
martes, 21 de abril de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
