viernes, 26 de octubre de 2012

domingo, 3 de junio de 2012

OS CADETES DO BARÇA DE BALONCESTO VISITAN O NOSO COLE

O venres 1 de xuño foi un día que os alumnos do nos o cole non esquecerán. Se emotiva foi a visita de Fina Casalderrey tamén o foi a dos xogadores do equipo cadete do Barça que o sábado se enfrontaron ao Marín Peixe Fresco (que, por certo, resultaron subcampións... Noraboa, Peixe!!!!)

VISITA DE FINA CASALDERREY

Xa sabedes que o pasado vendes 1 de xuño estivo Fina Casalderrey visitando aos nenos de 2º e 3º de Primaria. A autora compartiu cos alumnos o seu enorme saber, a súa dozura e, sobre todo, a súa paixón pola literatura e pola lectura.
Fina faloulles aos alumnos da súa vida, de como empezou a ler e a escribir e como foi desenvolvendo o seu amor polos libros e pola beleza das palabras.

Graciñas, Fina, pola túa visita e as túas palabras.

Aquí vos deixo as imaxes para ver como transcorreu a charla.



















viernes, 25 de mayo de 2012

2º PREMIO IV CONCURSO NOVOS TALENTOS RELATO CURTO COCA COLA

O venres 25 de maio, a alumna de 2º de ESO B, ÁNGELA GESTIDO LORENZO, foi galardoada cun merecidísimo 2º premio no Concurso Novos Talentos - Relato Curto de Coca Cola, que este ano celebrou a súa 4ª edición.
A cerimonia de entrega de premios celebrouse en Santiago, no Auditorio de Galicia, ante un nutrido grupo de asistentes, entre os que se encontraban importantes personalidades políticas e literarias que animaron o alumnado a continuar con "esa marabillosa afección que é a escritura".A nosa orgullosa gañadora recibiu, ademais das felicitacións da organización, numerosos premios que, sen dúbida, lle servirán de estímulo para impulsar a súa vocación literaria.
Noraboa, campioa!
Unha frase extraída do relato de ÁNGELA
Entrega do diploma acreditativo do 2º premio

Outro día estresante; para a semana nove exames e para a que vén dous máis. Pero que é isto! Hai que facer unha folga! Non, si, non, si, non...
Os meus pensamentos contradícense e confúndenme, como en moitos casos de nenos da miña idade. Si, sei o que pensades, teño trece anos, a idade do galo, galiña, polo e todo iso que din os pais para bromear sobre nós. O único que teño claro na vida é que non teño nada claro. O único que non teño claro na vida é todo.
Teño dúas opcións na vida: vivir ben agora e mal despois, ou viceversa. Se agora son popular e me poño coa maioría dos meus compañeiros a facer parvadas, desas que todos sabemos, de maior non serei un home de proveito; pero pola contra, se agora estudo, e iso supón que me discriminen socialmente, o día de mañá si serei un home de proveito.Pensamentos, razóns, teorías, xente, ideas... rodean a miña cabeza. Na miña familia dinme unha cousa e na escola outra. ¿ E se penso en persoas ? Podería seguir os seus exemplos. Non, si, non, si, non... ¡Outra vez! Estou confundido; veña... alguén... alguén que poida servir de exemplo. Alguén que poida ser... o meu ídolo! Si, iso. Por primeira vez decídome nunha cousa, asento nun dos ocos da miña cabeza e non ando revoloteando polos pensamentos; pero iso non significa que non necesite a ninguén...Hmm... acendo a tele? Si. Imos mellorando, pero esa non é a resposta que preciso, nin a pregunta que necesito responder. Hmmm... acendo a tel? AGORA MESMO. Unha canle, dúas canles, tres, catro, cinco... STOP! Isto interésame; triatlón, pode ser que aquí atope a alguén; esta xente sempre se está superando e ten pinta de decidida. Javier Gómez Noya? Dá un discurso? Agora? En televisión?
Ángela posando con outras finalistas
-Si, sempre me estou superando. O saber que podo conseguir máis, dáme forza. Ao principio non era fácil, pero non hai que pensar no presente, hai que pensar no futuro. Iso non me convence... ¿ou si? Si, non, si, non... NON! Xa está ben! Quero vivir a vida, quero... quero... quero facer parvadas. A xente equivócase, si, pero eu non. Porque teño que facer o que me din? Son independente. Xa está ben de tanta "indesividade". Agora digo non. Non para sempre.

Premios desta 4ª edición






miércoles, 23 de mayo de 2012

4ª EDICIÓN CONCURSO COCA COLA


Ángela Gestido, na súa aula de 2º ESO (foto de Chiara López)

Unha foto do triatleta galego Javier Gómez Noya subido á súa bicicleta foi o punto de partida para os alumnos e alumnas de 2º de ESO que participaron no IV Concurso Novos Talentos - Premio de Relato Curto en galego, organizado por Coca Cola.
Os estudantes, procedentes de diferentes institutos e colexios galegos, tiveron que escribir unha redacción inspirándose nesa foto. Entre os participantes, o nerviosismo era a tónica xeral antes de comezar a proba.

Non foi menos para as nosas alumnas. E das catro que participaron, Ángela Gestido, de 2º ESO B, quedou finalista no sector Pontevedra-Ourense. Este venres, 25 de Maio, acudirá a recoller o seu premio na Santiago de Compostela nunha gala que terá lugar no Auditorio de Galicia.

Desexámosche moita sorte, Ángela!!!!