Velaiquí os gañadores no Certame de Relato Curto Concello de Marín.
lunes, 21 de mayo de 2012
jueves, 17 de mayo de 2012
FESTA DA POESÍA - LETRAS GALEGAS 2012
Vou facer miñas as palabras dunha gran mestra do noso cole para iniciar esta breve reseña da Festa da Poesía e, co seu permiso, vou utilizalas e adaptalas :
Estas son algunas das imaxes da Festa da Poesía 2012. En breve publicaremos a relación de gañadores. NORABOA A TODOS E TODAS!!!!
ESO
O mes de Maio é un mes de festa no colexio.
Maio
é o mes das flores…,
da
Virxe María…,
das nais…,
das
Letras Galegas…,
e da
poesía…
A
poesía ten o poder de TRANSFORMAR OS SONS EN SENTIMENTOS.
Por
iso, todos fixemos o posible por escribir as nosas poesías…
Poemas
referidos á natureza…, porque a admiramos.
Á
nosa familia…, porque a queremos.
Ao noso
pobo…, ao noso cole… aos nosos amores.
Esta
mañá, todos imos saber quen son os gañadores.
Aínda
que gañamos todos os que amamos a poesía,
os que queremos facer bo uso da
palabra,
perviva moitos anos e
conviva en harmonía con estoutra lingua, a de Cervantes.
Todos
somos gañadores, se sabemos recoñecer, con humildade,
o merecido triunfo dos
nosos compañeiros e, sobre todo,
se
sabemos respectar o que aquí hoxe celebramos,
a Festa da Poesía, a Festa das Letras Galegas, a Festa da Palabra.
a Festa da Poesía, a Festa das Letras Galegas, a Festa da Palabra.
PRIMARIA
ESO
jueves, 10 de mayo de 2012
LETRAS GALEGAS 2012: VALENTÍN PAZ ANDRADE
martes, 8 de mayo de 2012
9 DE MAIO, DÍA DE EUROPA
De Wikipedia, a enciclopedia libre
O Día de Europa é unha celebración que ten lugar cada 9 de maio na Unión Europea, en recordo da denominada Declaración Schuman, na que o ministro francés de exteriores, Robert Schuman, deu o primeiro paso para a integración dos estados europeos ao propor que o carbón e o aceiro de Alemaña (entón República Federal Alemá) e Francia (e os demais países que se adherisen) se sometesen a unha administración conxunta, impulsando a creación da primeira Comunidade Europea: a do Carbón e Aceiro, sendo, xa que logo, a orixe da actual Unión Europea. _-_Europe_Day_2009.jpg)
A importancia desta proposta realizada en 1950, cinco anos logo da rendición do réxime nazi e ante unha Europa devastada pola II Guerra Mundial, radica ademais en que ao someter as dúas producións indispensables da industria do armamento a unha única autoridade, os países que participasen nesta organización, atoparían unha gran dificultade no caso de querer iniciar unha guerra entre eles.
A conmemoración desta data ten lugar desde 1985, tras a súa aprobación polos Xefes de Estado e de goberno reunidos no Consello Europeo. A pesar de ser o único día de celebración oficial na Unión Europea, considérase un día laborable e as celebracións organizadas polos estados membros non adoitan equipararse ás que se realizan con motivo das festas nacionais de cada estado.
Historia
Robert Schuman pronunciou a declaración que deu orixe á primeira Comunidade Europea.
Ás 6 da tarde do 9 de maio de 1950 convocouse á prensa en París, no Salón do Reloxo do Ministerio de Asuntos Exteriores francés do Quai d'Orsay, para realizar unha "comunicación da maior importancia", que fora redactada por Jean Monnet e pronunciou Robert Schuman, ministro de Asuntos Esteriores.
Moitos centros educativos festexan o 9 de maio para facer chegar aos alumnos a importancia dese día nas súas vidas. Os nenos e novos son os futuros cidadáns da Unión Europea, por iso cada vez máis docentes participan con actividades e iniciativas que fomenten o europeísmo.
Destacan as celebracións promovidas polo Proxecto Célula Europa que buscan a difusión deste día no sector do ensino.
domingo, 22 de abril de 2012
DÍA DO LIBRO 2012

O 23 de Abril celébrase o día do libro. Esta festa ten a súa orixe na celebración da Diada de Sant Jordi en Cataluña, sendo documentada polo menos desde 1925 a tradición de as parellas se intercambiaren un libro e unha rosa.
Ao mesmo tempo, en 1926 comezaron os esforzos para a creación dun Día do Libro que conmemoraría a figura de Miguel de Cervantes. Orixinariamente, a data escollida era o día do seu nacemento, o 7 de outubro, mais en 1930 mudou ao día da súa morte, o 23 de abril.
Non foi até 1995 cando a UNESCO decidiu outorgar carácter oficial e mundial á conmemoración do Día do Libro. Na elección da data tívose en conta o feito dunha triple coincidencia: o 23 de abril de 1616 teríanse producido as mortes de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega. (En realidade, as mortes non ocorreron o mesmo día, xa que Cervantes morreu o día 22, sendo enterrado o 23, e Shakespeare morreu o día 3 de maio segundo o calendario gregoriano, que corresponde ao 23 de abril no calendario xuliano)
Aproveitando que estamos na semana de conmemoración desta data, ofrézovos unha bonita reflexión sobre o personaxe creado por Cervantes, Don Quixote:
martes, 21 de febrero de 2012
ENTROIDO 2012
ENTROIDO 2012 INFANTIL
ENTROIDO 2012 PRIMARIA -ESO
ENTROIDO 2012 PRIMARIA -ESO
sábado, 17 de diciembre de 2011
CAMIÑO DO NADAL
BO NADAL
¡Para todos e para todas! Sen distincións. Especialmenteb para os pobres que ocupan o primeiro lugar, ao xeito de Deus que se achegou ao mundo en Xesús, pobre, sinxelo e no mundo dos excluídos.
Cómpre reflexionar. Por enriba da nosa fe/crenza, a todos nos tiña que preocupar acadar máis coherencia como persoas. Polo feito de selo e por respecto á tradición. Como cristiáns, por fidelidade a Xesús. Celebramos que Deus chega en sinxeleza, humildade e pobreza. Vén compartir vida e amosar camiños. E nosoutros enchemos as rúas e as nosas casas de luces, festas, comidas e bebidas caras. E baleiramos o corazón.¡Reina o consumo!.
Cos nosos abusos, humillamos aos que non teñen pan que levar á boca, aos inmigrantes sen traballo, aos sen teito. Non reparamos neles. Nin nos veciños con pensións de miseria. A Humanidade vai ser liberada do mal, da inxustiza, da violencia...cando sexa reorientada cara á forza que vén da Luz, do Amor, da Xustiza (que leva a un xusto reparto dos bens/riquezas) o que fai posible manter a Esperanza. Esa salvación é a que nos ofrece Xesús. Ese é tamén o Nadal que temos de compartir e celebrar! ¡Bo Nadal a todos/as!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)