Páxinas

miércoles, 23 de mayo de 2012

4ª EDICIÓN CONCURSO COCA COLA


Ángela Gestido, na súa aula de 2º ESO (foto de Chiara López)

Unha foto do triatleta galego Javier Gómez Noya subido á súa bicicleta foi o punto de partida para os alumnos e alumnas de 2º de ESO que participaron no IV Concurso Novos Talentos - Premio de Relato Curto en galego, organizado por Coca Cola.
Os estudantes, procedentes de diferentes institutos e colexios galegos, tiveron que escribir unha redacción inspirándose nesa foto. Entre os participantes, o nerviosismo era a tónica xeral antes de comezar a proba.

Non foi menos para as nosas alumnas. E das catro que participaron, Ángela Gestido, de 2º ESO B, quedou finalista no sector Pontevedra-Ourense. Este venres, 25 de Maio, acudirá a recoller o seu premio na Santiago de Compostela nunha gala que terá lugar no Auditorio de Galicia.

Desexámosche moita sorte, Ángela!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario